Saltar navegación

Non te fagas un lío!

Actividade despregable

Alex Productions. Hard (CC BY)

Aínda acabamos de comezar, e xa foi breve pero intenso, verdade? Non te preocupes, imos a facer unha parada no camiño para poñer toda esta información que acabades de ler en orde. Para conseguilo, imaxinaremos por un intre que somos unha afamada estrela da múscia. Mergullarémonos de cheo no personaxe, e para que a vosa carreira musical poida despegar deberedes seleccionar en cada un dos espazos a opción correcta relacionada cos oficios musicais aprendidos que mellor encaixa para realizar ese traballo. Pouco a pouco, iredes avanzando polas diferentes lapelas que compoñen a tarefa. Moita sorte!

SE EU FORA UNHA ESTRELA DO ROCK

Estrela do rock
storyset (Freepik). Ilustración del concepto de rockeros (CC BY)

Para quen traballaría?

O normal sería que un/unha artista reputado/a coma ti firme un suculento contrato cun bo . En realidade, trátase dunha empresa que xestionará todo o que teña que ver cua túa imaxe e as túas creacións artísticas. Como sabedes, unha empresa adoita estar formada por moita xente... que iremos coñecendo a continuación!

Coñecendo o equipo...

  • 1 Esta é Diana, a túa . Ela encargarase de xestionar as miles de chamadas telefónicas (exaxerando un pouquiño, por suposto) de tódalas persoas interesadas en contactar contigo para pechar futuros concertos. Será como a túa sombra, negociará no teu nome coas diferentes compañías e deberedes ter unha relación de confianza mutua en todo momento.
  • 2 E agora é a quenda de Marco, un rapaz moi simpático. Resulta que Marco será o teu , e polo tanto estará pendente de xestionar todo o que ten que ver coa realización das xiras internacionais (billetes de primeira clase, reservas nos mellores hoteis da cidade, cear nos mellores restaurantes da zona...  xa sabedes! Ese tipo de cousas que se poden permitir a xente famosa!
  •  Tócalle a Natalia, que foi  e colaborou contigo cando gravaches a túa primeira canción do novo disco, recordas?. É unha guitarrista incríbel, cunha forma de tocar moi virtuosa e persoal. De feito, fixérao tan ben que resultou ser a nosa nova fichaxe para a seguinte xira. 
  •  E que sería de nós sen Gustavo! Sempre anda agochado detrás dos escenario, comprobando que os micrófonos e os equipos de son están funcionando perfectamente. É o noso , e encárgase tamén de controlar que a música sexa perfecta durante os nosos concertos en directo. Sempre anda co ordenador ás costas!
  •  Mario é... moitas cousas. Compuxo algunhas das obras do disco, e tamén participou na creación das letras das cancións, por iso dicimos que é e tamén . Entende moi ben as ideas musicais, pero ao mesmo tempo ten alma de poeta! Fai un traballo maravilloso.
  •  Noa é a nosa . A primeira ao mando, e foi a persoa que se fixou en ti e valorou o teu talento cando apenas ninguén te coñecía. Supervisa todo o proxecto, e está en contacto permanente cos xefes da para garantir a rentabilidade desta aventura. 
  •  Por último temos a Xoan. Que decir de Xoan... o  noso . Encárgase de adaptar as cancións do novo disco aos diferentes escenarios nos que tocamos, xa que en ocasións colaboramos con agrupacións instrumentais diferentes, introducimos pequenas variacións no directo ou cantamos con artistas invitados. Sen el todo sería moito máis repetitivo, e ademáis ten sempre as partituras dos músicos listas para tocar!

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)