BENVID@S... FILL@S DO ROCK&ROLL!
Deseguido iniciaremos os nosos primeiros pasos nesta nova aventura musical que vai a dar comezo, e na que coñeceremos a tódalas persoas implicadas no proceso creativo que existe detrás dunha desas cancións que tanto escoitamos de camiño a casa, ben no autobús ou no coche, cando paseamos pola rúa ou mentres pasamos un bo rato. Desta volta o escenario está baleiro, xa que seredes vós os/as protagonistas, encargados/as de ir tecendo pouco a pouco todos eses fíos que precisamos para que unha canción sexa algo máis que unha melodía que vai dando voltas na nosa cabeciña. Isto cando rematemos, claro, pero cada cousiña ao seu tempo...non sexades impacientes! Por agora ímonos a centrar en coñecer como vai collendo forma unha canción na industria musical, e quen son os encargados de facelo. COMEZAMOS!
Soamente como dato... e por se non vos dérades de conta, a frase inicial ca que comezamos esta primeira unidade "Benvid@s, fill@s do rock&roll", é unha cita célebre e mundialmente coñecida da canción "Bienvenidos", do artista español Miguel Ríos, composta no ano 1982. Para que vexades que as cancións están tan presentes nas nosas vidas que ata podemos escoitalas sen necesidade de música, ben sexa empregando as súas letras, escollendo os nomes dos nosos artistas famosos ou copiando os "looks" tan atrevidos dos cantantes de moda.