Uxía e Martiño, que continúan descansando sobre o céspede, escoitan un anaco dunha conversa telefónica en inglés:
Un mozo cóntalle á súa nai que está aproveitando moito a súa estadía en España para coñecer a gastronomía típica. Xa probou a paella valenciana, o gazpacho e o salmorejo andaluz, o pisto de Castela - A Mancha, a fabada asturiana ...
- A verdade é que España é moi rica en moitos aspectos - dille Antía a Martiño-. Escoitando a este mozo, estou imaxinando un mapa do país cheo de pratos con ingredientes diferentes.

Creada con IA Microsoft
- Eu estou imaxinando o mapa de España coas comidas, os monumentos, as bandeiras, as linguas ... pero non soamente as típicas de cada Comunidade Autónoma. Non podemos esquecer que aquí tamén podemos desfrutar o sushi de Xapón, os tacos de México, o ceviche de Perú, as arepas venezolanas, o pad thai tailandés, o curry da India ... - di Martiño.
- E os bailes e as músicas doutros lugares, como a bachata, a salsa, a música africana e a árabe - continúa Antía.
- E as festas! Oxalá na nosa vila celebrasen o Ano Novo Lunar como acontece en Madrid ou Barcelona.