Saltar navegación

2. As pegadas da historia

 

- Mira o botafumeiro! - exclama Uxía dentro da Catedral de Santiago. 

- O botafuleiro? - pregunta Martiño desconcertado.

- Non! Bo-ta-fu-mei-ro. Na clase de relixión aprendimos que antigamente comezou a utilizarse para queimar incenso e disimular o cheiro dos peregrinos que recorrían o Camiño sen poder ducharse nin lavarse. 

- Que boa idea! Pero é moito mellor o método actual de asearse diariamente. Os albergues están ben equipados e é moi relaxante saír da ducha fresca como unha rosa - intervén Xiana-. Ademais, deste xeito evítase a acumulación de bacterias na pel, que pode provocar enfermidades. 

Ler con pictos premendo aquí

Ampliación

Aprende máis sobre o botafumeiro en Santiagoturismo.com e Wikipedia.org .

-      Para que se empregaba o botafumeiro na Idade Media?

-      Cantas persoas son necesarias para poñelo en funcionamento?

-      Como se chaman os que manexan o incensario?

-      Que velocidade alcanza?

-      Cantos kg pesa cando está vacío?

-      De que materiais está feito?

-      Emprégase todos os días? Onde está normalmente?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)