
As linguas
Lista desordenada
Ordena a lista para que no primeiro lugar apareza o pobo máis antigo que habitou en Galicia e no último lugar o máis recente.
- Os celtas
- Os romanos
- Os suevos
- Os árabes
Ampliación
Le este artigo de 20minutos.es e mira os vídeos que inclúe. Despois, comentade en pequenos grupos:
- O galego é unha lingua cooficial en Galicia. Estades dacordo con que soamente se fala nesta Comunidade Autónoma?
Se tedes dúbidas, podedes consultar aquí.
- Sabedes cal é a diferenza entre unha lingua e un dialecto? Podedes consultar o dicionario aquí.
- Coñecíades todas as linguas e dialectos que aparecen nese artigo do periódico? Cal pensades que é máis fácil entender ou aprender? E máis difícil?
- Coñecedes a outras persoas que falen unha lingua distintas das que aprendedes no colexio? Gustaríavos aprender algunhas palabras noutros idiomas? Por que?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0