Os nenos e nenas xa remataron de visitar a cidade xunto aos seus mestres e mestras e, ao pasar por diante dunha biblioteca, deciden entrar para ver se collen ideas e ven algunha colección nova que non teñan na súa biblioteca escolar.
- Mirade que interesantes os libros desta estantería! Son todos para educar en igualdade - di Martiño.
- O certo é que normalmente estes estantes están bastante baleiros porque son os que máis lles gustan aos nenos e ás nenas e están moi solicitados para préstamos - indica o bibliotecario.
- Apuntade algúns títulos para que os merquemos para a biblioteca do noso colexio - recomenda unha mestra.