Mentres están descansando nun parque, achéganse un neno e unha nena a preguntarlles se queren xogar coa súa pelota.
Antía e Xan levántanse rapidamente e comezan a falar coa parella de irmáns, que son de México e estiveron facendo o Camiño de Santiago cos seus pais. Cóntanlles que chamáronlles moito a atención as comidas de Galicia, xa que nunca probaran o polbo nin as filloas, e explícanlles cales son as comidas típicas de México, como os tacos. Despois preguntan por máis aspectos típicos da cultura galega, e Xan failles un resumo rápido, advertíndolles de que seguramente estará esquecendo moitas cousas.