Unha postal de amor dende Polonia!
Recoñeces algunhas das melodías que entoamos?
A melodía 4 con piano é un dos temas dunha obra do compositor polaco Frédéric Chopin.
Frédéric Chopin naceu en Varsovia (Polonia) a comezos do século XIX (1810), e é considerado un dos músicos máis importantes do Romanticismo. Naceu nunha familia aristócrata onde a música ocupaba un lugar importante. A súa primeira mestra de piano foi a súa propia irmá, pero, ao amosar unha altas cualidades para a música, buscaron profesores fóra do entorno familiar. Aos 7 anos compuxo a súa primeira obra, que transcribiría o seu pai, xa que el aínda non tiña os coñecementos para facelo: a Polonesa en Lab M. Continuou cos seus estudos e comezou a dar os seus primeiros recitais, conseguindo unha moita fama. Seguía compoñendo e estudou no Liceo de Varsovia, onde graduose cum laude.
Unha das facetas que máis gozaba era a improvisación, e facíao en calquera insturmento que lle ofreceran.
Cos problemas políticos no seu país de nacemento, trasladouse a Francia onde viviría ata o seu falecemento.
Sempre foron ben coñecidos os seus problemas de saúde, que convertírono nunha persoa melancólica, sentimentos trasladados ás súas obras. Incluso chegou a vivir na illa de Mallorca durante unha temporada, para mellorar a súa saúde, acompañado polo seu gran amor, George Sand.
O piano foi o seu instrumento predilecto e ten numerosas composicións, dende pezas que recordan a súa Polonia natal (como mazurcas ou polonesas) e outras máis románticas como nocturnos ou valses.
A peza que cantamos é unha das melodías que aparecen no Nocturno nº 2 op. 9. Trátase dunha obra con forma Rondó, é dicir, A A´A B A C..., un tema que se repite a modo de retrouso, alternándose con outros temas. A que cantamos é a melodía A´. Este nocturno, xunto con outros dous (Op. 9), son das obras máis recoñecidas deste compositor.