Saltar navegación

O cifrado

O cifrado

O cifrado é un sistema de notación que emprega números, letras ou signos que fan referencia aos acordes e as súas inversións.

Traballaremos dous tipos de cifrado:

- Cifrado harmónico: emprega números e signos que se colocan baixo a nota e fan referencia ao intervalo ou intervalos que conforman o acorde.

- Cifrado americano: baséase nas letras que representan as notas no sistema anglosaxón.  

Cifrado Harmónico

TRÍADAS

5 RE-FA-LA 6 3 FA-LA-RE; 6 4 LA-RE-FAComo podedes ver, os números de cada unha das inversións e do estado fundamental do acorde, marcan os intervalos que se forman dende a nota do baixo.

Os nº que aparecen entre paréntese, ás veces empréganse, pero non é o máis habitual.

No caso de que queiramos indicar que algunha nota do acorde leva unha alteración, poñeríase diante do nº.

#3 5 RE-FA# LA; 6 FA# -LA-RE; 4#6 LA-RE-FA#

No acorde de 5ª Diminuída, en estado fundamental, emprégase un 5 cruzado.  RE-FA-LAb b3b5 ou 5 tachado


CUATRÍADAS

7+, 6 5 partido, +6, +4




Os números seguen a indicar a relación interválica dende a nota do baixo con algunha das notas que conforman o acorde.

O signo +, se está ao lado do número indica que esa nota é a sensible, e no caso de que estea debaixo do número, que a 3ª é a sensible (no estado fundamental).

E o 5 tachado indica, ao igual que nas tríadas, que é unha 5ª diminuída. 

Cifrado Americano

O primeiro que temos que coñecer para poder realizar este cifrado son as letras que se corresponden con cada son: 

C-DO; D-RE; E-MI; F-FA; G-SOL; A-LA; B-SI



Este cifrado baséase no tipo de acorde en estado fundamental: 

- Perfecto Maior: a letra maiúscula sen ningunha outra indicación. D: RE-FA#-LA


- Perfecto menor: a letra maiúscula seguida dunha m (minor en inglés) ou tamén un Cm DO-MIb-SOL


- 5ª Aumentada: a letra maiúscula seguida de aug (augmented en inglés) ou tamén un Faug FA-LA-DO#


- 5ª Diminuída: a letra maiúscula seguida de dim (diminished en inglés) ou tamén un E dim MI-SOL-SIb


 

No caso de inversións, ponse unha barra diagonal (/) seguida da letra que se corresponda coa nota do baixo. 

inversión    



O acorde de 7ª de dominante represéntase coa letra maiúscula seguida dun 7; no caso de inversións pónse a barra diagonal coa letra da nota do baixo, igual que nas tríadas.

escoita o audio       

Feito con eXeLearning (Nova ventá)