Saltar navegación

Os acordes

Que é un acorde?

Un acorde é un conxunto de notas que soan á vez.

FA-SOL; FA-LA-DO-RE; MI-LA-DO; RE-FA-LA-SI-DO   

 

Existen diferentes tipos de acordes segundo o número de notas que o formen.

Acordes Tríadas

Son acordes formados por 3 notas, a distancias de 3ª e 5ª dende a primeira nota. 

RE-FA# 3º; RE-LA# 5ª 

  
Segundo sexan estes intervalos temos os seguintes tipos:

- Perfecto Maior: formado por unha 3ª Maior e unha 5ª Xusta.

DA-FA-LA; MI-SOL-DO; RE-FA#-LA  

 
- Perfecto menor: formado por unha 3ª menor e unha 5ª Xusta.

DA-FA-LAb; MIb- SOL-DO; RE-FA-LA  

 - 5ª Aumentada: formado por unha 3ª Maior e unha 5ª Aumentada.

DO#-FA-LA;MI-SOL#-DO; RE-FA#-LA# 


- 5ª Diminuída: formado por unha 3ª menor e unha 5ª Diminuída.

DOb-FA-LAb;MIb-SOLb-DO; RE-FA-LAb    

 
A
quí un pequeno resumo para que o teñades máis claro:  

cadro resumen coa información anterior


Inversión

Como xa sabedes, os acordes, ao igual que os intervalos, poden inverterse, colocando as distintas notas que o forman na parte máis grave do mesmo. 

  RE-FA-LA; FA-LA-RE;LA-RE-FA  
         


Como o acorde tríada está formado por dúas notas, ademais da nota fundamental, serán posibles dúas inversións, unha por cada unha delas.

Acordes Cuatríadas

Son acordes formados por 4 notas, unha 3ª, 5ª e un 7ª dende a primeira nota. 


Durante este curso seguiremos traballando co acorde de 7ª de Dominante, é dicir, o que se forma sobre o V grao.  Lembrade que está formado por
 unha 3ª M, 5ª X e unha 7ª m.

Por exemplo, na escala de Sol M: RE-FA#-LA-DO



Inversión

Este acorde ten 3 posibles inversións, xa que o conforman 4 notas.

RE-FA#-LA-DO; FA#-LA-DO-RE; LA-DO-RE-FA#; DO-RE-FA#-LA

Feito con eXeLearning (Nova ventá)