E agora practicamos...
Imos estudar os seguintes exercicios. Se tendes dúbidas, volvedes ver os vídeos. Sempre con metrónomo!!!
Comezamos con exercicios con grupos de valoración especial nas claves de Sol e Fa en 4ª; despois algúns exercicios para repasar o traballado nas anteriores unidades; comezaremos o estudo da clave de Do en 4ª e seguimos insistindo na lectura vertical cunha secuencia de acordes.
Os exercicios van aumentando de dificultade. Practicádeos nesa orde.
Grupos de valoración especial
2ª sesión
3ª sesión
Repaso
2ª sesión
Do en 4ª
Ao igual que para a clave de Do en 3ª, hai un pequeno atallo para a lectura de Do en 4ª.
Se vos fixades na partitura, podedes ver que na clave de Do o nome da nota é unha por baixo da mesma en clave de Sol, é dicir, o contrario que a clave de Do en 3ª.
Primeiro imos practicar a lectura de notas e despois pasaremos aos exercicios.
Lectura vertical