Saltar navegación

Notas estrañas

Notas estrañas

As notas estrañas son aquelas notas que non pertencen ao acorde. 

Fixádevos no seguinte fragmento; podedes observar que algunhas das notas da melodía non pertencen aos acordes que as acompañan. Algunhas xa as coñecemos, como a nota de paso, pero imos repasalas e coñecer algunha máis.

Partitura voz e piano con acordes


No penúltimo compás, o acorde é o V grao de La M, polo que as notas son Mi, Sol, Si. Como vedes na melodía, aparece un Fa e un Do, que non pertencen ao acorde; polo tanto, son notas estrañas. 

Partitura marcando os acordes e a nota estraña do penúltimo compás

Hai diferentes tipos de notas estrañas: 

Nota de paso

É unha nota estraña entre dúas notas reais por graos conxuntos. 

nota de paso

Floreo

É unha nota estraña, igual que a nota de paso, pero as dúas notas que a rodean son a mesma.

floreo

Apoiatura

É unha nota estraña que se atopa na parte forte do compás ou pulso. 

apoiatura

Retardo

É unha nota estraña que se mantén dende o acorde anterior (normalmente aparece cunha ligadura). No caso de non existir esa ligadura, sería unha apoiatura. 

retardo

Anticipación

É unha nota estraña que é real no seguinte acorde, é dicir, anticipa unha nota do acorde seguinte.

anticipación

Escapada

É unha nota estraña que non vai por graos conxuntos e non pertenece a ningún dos acordes que a rodean. 

escapada

Feito con eXeLearning (Nova ventá)