Viaxemos ata a Italia do Romanticismo!
Recoñeces a melodía 1?
É o tema principal do "Brindis" da ópera A Traviata, obra do compositor italiano Giussepe Verdi.
Verdi foi un compositor italiano de finais do s. XIX; a súa obra principal son as óperas, obras para orquestra, coro e solistas que contan unha historia.
A Traviata é unha das súas óperas máis coñecidas e está baseada na novela de Alejandro Dumas, "La dama de las camelias".
Violetta Valery (soprano) é unha cortesana moi recoñecida en París. Nunha festa coñece a Alfredo Germont (tenor), quen lle declara o seu amor. Nesta escena é onde se interpreta o Brindis (“Libiamo ne’lieti calici”: bebamos alegremente deste vaso), un canto ao amor e a liberdade. Pouco despois, Violeta e Alfredo enamóranse, pero son separados pola familia del; unha vez que todo se aclara, xa é demasiado tarde porque Violeta está enferma de tuberculose; morre en brazos do seu amado.
Outras óperas de Verdi son Nabucco, Aida, Falstaff ou Rigoletto, entre outras.