É hora de limpar os oídos para a audición.
Despois de cantar o traballado en Teoría, escoitarémolo e intentaremos recoñecelo. Isto axudaranos a recoñecer cada vez máis elementos da linguaxe musical, facilitando a execución dos ditados.
Neste curso, comezaremos a traballar o ditado a dúas voces. Uff! A cousa complícase un pouquiño pero imos facelo moi ben a través de exercicios previos.
Ás veces tamén recoñeceremos algunha melodía de grandes obras da Historia da Música.
Alá imos!