Como xa sabedes, nesta parte, a Teoría, temos que concentrarnos porque imos traballar todos os contidos necesarios para comprender mellor a Linguaxe Musical; nesta unidade imos centrarnos en comprobar canto lembrades do traballado o curso anterior, referido a intervalos, tonalidades, escalas e acordes.
Para iso, primeiro practicaredes cunha ficha que podedes copiar na libreta ou imprimila; e despois faremos un pequeno cuestionario con puntuación; así poderemos coñecer en que punto de asimilación destes contidos atopámonos.
Arrincamos!