E xa chega o momento de cantar! Neste apartado continuaremos co perfeccionamento da nosa voz e seguiremos coidándoa e realaxándonos.
Sabedes que todo o que traballamos no apartado de Teoría tamén o practicaremos cantando. É a mellor forma de que todos os conceptos queden moi claros.
Ademais cantaremos melodías a capella, lembrade, sen acompañamento, e teremos audios que nos axudarán. Despois tamén algunha melodía con acompañamento de piano, a unha e dúas voces. A ver que tal se nos dá!
Seguiremos coñecendo grandes obras e aos seus compositores a través dalgunha melodía que cantaremos xuntos e xuntas. Ata onde viaxaremos nesta ocasión?
Canto imos cantar!