Xogando cos compases!
Imos repasar o traballado no curso anterior xogando con estas secuencias rítmicas. Lembrade que sempre é importante ter o metrónomo connosco.
3/4
Seguimos estes pasos:
1º Empregando unha sílaba (na ou la)
2º Agora con palmas
3º Un pouco de percusión corporal para asimilar totalmente a secuencia rítmica, (co pé dereito para as brancas; perna para as corcheas; palmas para as semicorcheas; pitos para as negras).
3/8