UDI 5. "Banaha"

A canción

Ocultar

Aquí tes a letra e máis abaixo aparecen o audio para que poidas practicar.

Ánimo! 

Voz:          

Banaha, a súa historia

Ocultar

Esta canción é unha composición anónima, é dicir, que non se sabe quen a compuxo, e forma parte da música tradicional do Congo.

É un “canto de marcha”, pero non se sabe moito sobre ela.

Aparecen algunhas referencias no álbum “Missa Luba”, escritas por unha misioneira batista, Edna Stucky, quen creceu no Congo, e nun momento dado, interesouse pola orixe desta popular marcha que cantaba dende moi pequena.

Segundo explica nas súas notas “cando eu era nova, no Congo, soía ir frecuentemente de excursión con rapaces un pouco máis maiores e entón cantabamos esta canción. Pregúntome como esa mesma melodía formou partes despois da Missa Luba”.



A letra que chegou ata hoxe en día é bastante surrealista. O sentido literal das palabras que proceden da lingua Kiluba (etnia establecida na provincia de Katanga, ao sur do Congo) sería máis ou menos:

 

Sisi Sisi Dolada, Yaku sine ladu Banaha

Ao pé da árbore da piña, Yaku pon cunha culler un plátano no sombreiro vermello da súa tía.

A música no Congo

Ocultar

En África, a música está por todos os sitios. Aínda sen instrumentos, o canto e o bater das palmas anima as actividades diarias. Por exemplo, os pigmeos do norte do Congo, que viven aínda da caza e da recolección, son moi coñecidos pola beleza dos seus cantos polifónicos.

A maioría das cancións tradicionais do Congo atópanse na lingua Lingala, que é a máis común no país, pero os estilos e as formas musicais son moi diferentes, dependendo da parte do país e das etnias. 

A forma máis coñecida deste país é o soukous, unha especie de rumba africana, de gran repercusión en todos os estilos de música africana.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0