Instrumentos

As agrupacións instrumentais

En unidades anteriores coñecimos as distintas familias de instrumentos, os tipos de voces e as agrupacións vogais. Agora traballaremos coas agrupacións instrumentais. 

Ao longo da historia os instrumentos utilizáronse tanto como solistas ou en grupos. Dentro das agrupacións podemos distinguir:

Pequenas agrupacións: formacións que non superan os 10 instrumentitas. O nome das agrupacións dependen do número de integrantes, como por exemplo: dúo, trío, cuarteto, quinteto, octeto, etc. Un dos máis coñecidos é o cuarteto de corda (2 violíns, viola e violoncello).

Grandes agrupacións

  • Orquestra de Cámara: formada principalmente por instrumentos de corda fretada, con 20 músicos.

  • Banda: formada por instrumentos de vento e percusión, entre 50-70 músicos, pero na actualidade este número é maior.

  • Orquestra sinfónica: constituída por corda, vento e percusión. Pode ter entre 70-100 músicos e ás veces pode incluir tamén coros.



Todas as agrupacións son dirixidas por un director, que emprega o seu propio instrumento: unha batuta.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0