Linguaxe Musical

A partitura

Ocultar

Unha vez que xa a sabemos, imos traballar un pouco coa partitura.


O puntiño

Ocultar

Na partitura aparece un novo signo:     


Este chámase puntiñoÉ un signo que se coloca á dereita das notas. Engade a metade do valor da nota que acompaña. Os exemplos que seguen axudaranche a compredelo mellor.


    

O síncope

Ocultar

Se te fixas na partitura, verás que aparece esta fórmula rítmica:  


Estamos facendo síncopes. E preguntarédesvos, que é un síncope?


Este ten lugar cando un son que se atopa na parte débil se alonga ata a parte forte.





Estos son os dous tipos de síncope que aparecen na canción que estamos a aprender.



Para practicar a primeira, podes facer o seguinte exemplo axudándote co audio:



Os signos de repetición

Ocultar

Nesta partitura aparece o signo de repetición que xa coñecemos: a dobre barra final que nos indica que hai que repetir todo o fragmento que inclúa.


Como novidade, nesta partitura aparecen uns números cunhas caixas no final das frases, coincidindo co signo de repetición.




Estas caixas indícannos que a repetición vai ser diferente: na 1ª vez que se interprete terminarase coa caixa 1, e na 2ª vez farase a caixa 2 (sen tocar a caixa 1). E así sucesivamente se houbera máis números.



A realización deste fragmento sería:


A forma musical: o Canon

Ocultar

Esta partitura imos traballala en forma de Canon.

O canon é unha forma musical para varias voces, na cal todas elas fan o mesmo, pero comezando en distinto momento. 

Ímolo practicar primeiro cunha escala: 



Escoita o audio para ver como quedaría Banaha:    


O canon foi moi importante e aportou moito á musica polifónica e contrapuntística (varias voces).



En canto a súa estrutura, esta canción seguiría o seguinte esquema: A B C

Fíxate na partitura e compróbao!


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0