Instrumentos tradicionais do Congo
Os instrumentos tradicionais
Os instrumentos tradicionais no Congo varían moito, segundo a etnia e o uso que teñan. Algúns instrumentos úsanse en rituais, outros para comunicarse e outros simplemente para divertirse.
Os instrumentos máis coñecidos son os de percusión. Os tambores tradicionais son cilíndricos e están tallados nun só bloque de madeira decorado, sendo o parche de pel de cabra tensado por unha rafia. Soen ser bastante altos e tocarse de pé.
Hai moita variedade de instrumentos, así que só coñeceremos algúns dos máis característicos (se queres saber como soan, preme neles):
Balafón: idiófono que se parece a un xilófono na súa forma; está feito de madeira, con cabazas como resoadores.
Kora: cordófono de ata 25 cordas, semellante a un laúde. Recibe diferentes nomes dependendo da zona.
Likembe: idiófono composto dunha caixa de madeira con láminas de metal, que soan ao percutilas cos dedos. Asi é como se lle coñece no Congo, pero para nós é máis coñecido co nome de Kalimba.
Inanga: cordófono típico do Congo co que se acompaña ao canto.
Agrucións e instrumentos do Congo
Le e completa:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0