Danza
Danzas Tradicionais do Congo
As danzas tradicionais congoleñas teñen as súas raíces nos rituais. Están relacionadas co mundo espiritual e están presentes na vida cotiá.
Estas danzas fanse para celebrar acontecementos da vida, como o nacemento dun neno, unha boa colleita, preparación para a guerra, entre outros.
As danzas considéranse sagradas, e por iso só uns pouco poden facelas.
O baile representativo do Congo é o Soukous (que é ademais un xénero musical, como xa vimos). O baile consiste en facer xiros sensuais coas cadeiras, mentres as mans móvense lonxe do corpo. Comezou como rumba africana, pero foi evolucionando ata ter un carácter propio. É un baile alegre, acompañado por cordas e percusión.
Outro baile, similar ao Soukous, pero máis rápido e con maior vaivén das cadeiras, é o ndombolo que foi prohibido polo goberno debido aos movementos, feito que só fixo que fora máis popular.
(Preme nos links para poder ver uns exemplos dos bailes)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0