Saltar navegación

Traballando co cine

Cando estades na casa ou quedades coas vosas amizades, que facedes para pasar o tempo, moitas veces vedes unha película ou serie ou tamén xogos da play, verdade? Agora pensa nas últimas películas e series que viches, pensas que son unha copia da realidade, e vólveselle a dar ás mulleres roles e estereotipos que existen na nosa sociedade, tamén é verdade que cada vez hai máis películas e series que mostran personaxes femininos fortes e empoderados, e deixan atrás a imaxe de muller cousificada.

O cinema, as series e xogos en liña, son na actualidade axentes transmisores de valores, xa que teñen un impacto na sociedade actual moi elevado. Todos os medios audiovisuais son un espello onde mirarse e, son unha fonte de transmisión de valores moi elevados, polo que deberiamos poñer especial interese á hora de escoller. Non nos refiremos a que todo o que vexamos sexa de temática feminista, senón que vexamos tente transmitir igualdade en todos os sentidos. Para iso, podemos pasar dous filtros:

  • Síndrome da Pitufina.
  • Test de Bechdel.

Explicámosvos en que consisten nos seguintes apartados:

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)