Tarefa
Con esta tarefa imos debuxar os termos referidos ao feminismo, para tentar comprendelos mellor.
- En grupos de 2 ou 3 persoas , debuxar os seguintes termos (se clicas no termo, aparace a definición)
- Ao finalizar mostrámolos ao grupo e comparamos e tentamos comprender os debuxos.
Por exemplo a definición de machismo: Actitude ou ideoloxía que afirma que o home é superior á muller.
Aquí tedes os termos coas súas definicións:
- Feminismo
-
Movemento que pide o recoñecemento dos dereitos e capacidades das mulleres.
- Desigualdade
-
Trato despectivo por motivos de raza, sexo, relixión...
- Igualdade de xénero
-
Principio que afirma que os homes e as mulleres son iguais ante a lei
- Equidade
-
Caracterízase polo uso da imparcialidade para recoñecer o dereito de cada persoa, utilizando a equivalencia para ser iguais.
- Cousificación
-
É tratar a muller e a súa imaxe como unha cousa, como un simple obxecto
- Fenda salarial
-
É a diferenza existente entre os salarios percibidos polos traballadores de ambos os sexos.
- Sororidade
-
Emprégase para referirse á solidariedade entre mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal.
- Visibilización
-
Darlle luz ao papel da muller na sociedade.
- Androcentrismo
-
Fai referencia á práctica, consciente ou non, de outorgarlle ao home (e ao seu punto de vista) unha posición central no mundo, nas sociedades, na cultura e na historia.