Partimos da base de que este test non ten rigor científico, mais cunhas simples preguntas axúdanos a avaliar se existe fenda de xénero, é dicir medir a representación feminina e o seu papel nunhas determinadas películas, series, cómics…, isto non quere dicir que sexa unha representación artística de temática feminina, simplemente trata de chamar a atención de desigualdade. Imos ver en que consiste: Trátase de responder as seguintes preguntas cando se ve unha película ou serie.
- Aparecen polo menos dous personaxes femininos, que teñen nome.
Gerd Altmann. camera-gacf4f2884_1920 (pd) - Estas mulleres non son figurantes.
- Que manteñen unha conversa que non ten como tema un home.