Escóitase moito que o feminismo ataca o home, que un home non pode ser feminista e que as feministas odian os homes… verdade? Pois nada máis lonxe da realidade, o que queren conseguir os movementos feministas é o equilibrio entre o home e a muller.
Como se consegue? Pois tentando educar a sociedade na eliminación de estereotipos de xénero e o androcentrismo na que está inmersa.
Os rapaces non calcetan (en público). Novela, galego
Sipnose
Esta é a historia dun rapaz de dezasete anos que debido a un delito, vese obrigado a ofrecer os seus servizos á comunidade e realizar actividades extraescolares, polo que se mete en club de calceta por unha profesora que lle gusta. Alí descobre a seu hobby, calcetar. Trata de ocultalo para non ser o centro de risas e burlas dos demais nenos, debido aos estereotipos de xénero xa que non é a actividade adecuada para un neno, que debería dedicarse a ir ás clases de mecánica.
Para comprender os diferentes conceptos que imos traballar, é necesario empezar polo principio: saber que é sexo e xénero.
Segundo a Real Academia da Galega (RAG), sexo é o conxunto de características orgánicas que permiten distinguir un individuo macho dun individuo femia. É unha realidade biolóxica, nacemos homes ou mulleres en función dos nosos cromosomas, tamén existe unha terceira opción intersexual. Xénero é o conxunto de características, comportamentos, funcións e valoracións socioculturais que se asigna como apropiado para cada un dos sexos nunha sociedade determinada, é dicir, é unha construción social.
O “feminino” e o “masculino” non son feitos naturais ou biolóxicos, senón construcións culturais. Somos diferentes pero non desiguais. Isto lévanos a falar de estereotipos de xénero e roles de xénero.
Pódese entender como estereotipo a idea preestablecida sobre un grupo determinado, os roles de xénero son o que a sociedade espera de nós para que actuemos segundo sexamos mozo ou moza.
O diario violeta de Carlota. Novela, galego
Sipnose
A avoa de Carlota, proponlle escribir un diario para plasmar a súa visión do mundo desde o punto de vista da igualdade. Carlota dáse conta, a través das diferentes situacións, das desigualdades que existen entre homes e mulleres e o que se espera de cada un por pertencer a un xénero ou a outro. Anímaste a poñer as lentes violetas?
Outro concepto clave é patriarcado, este fai referencia ás relacións de poder na que os intereses das mulleres quedan dominados e subordinados aos intereses dos homes. Complementario ao patriarcado é o androcentrismo…. Isto ocasiona a invisibilización das mulleres debido a que non podían desenvolverse plenamente debido ás restricións de dereitos como a educación ao longo da historia e que tamén se minimizaron as súas achegas e todos os logros conseguidos por elas ao longo da historia.
Aínda que se avanzou moito na loita pola igualdade e conseguimos ser unha sociedade máis igualitaria, aínda queda moito por facer. Entre todos temos que conseguir erradicar todas as formas de machismo, tamén as formas de machismos máis sutís como son os micromachismos, que ás veces adoitan pasar inadvertidos.
Más putas que las gallinas. Álbum ilustrado, castelán
Sipnose
Parácheste a pensar que todo o vocabulario referido ao xénero feminino ten connotacións negativas, e que ao contrario ocorre co vocabulario masculino que ten connotacións positivas? Neste álbum ilustrado analiza expresións con animais en feminino e o pexorativas que poden ser. Un libro para rir, pero tamén para indignar.
Hai moitos máis termos, anímaste a descubrilos a través das seguintes tarefas?