Tarefa
Esta é unha tarefa colaborativa, o alumnado irá engadindo e compartindo noticias que atopan sobre igualdade e desigualdade e que chaman a atención. Temos dúas opcións de facer esta tarefa:
- Virtual, a través de padlet,
- Física, dous taboleiros de cortiza (un para igualdade e outro para desigualdade) e buscando en xornais que o alumnado traerá da casa.
Pasos que imos seguir:
- Busca unha noticia en internet ou no xornal que fale sobre igualdade ou desigualdade.
- Le a noticia e elabora un novo titular para a mesma.
- Vai á padlet, elixe o taboleiro de igualdade ou desigualdade e pincha a noticia/ Recorta a noticia e colócaa no taboleiro correspondente.