Saltar navegación

Un pouco de Historia...

Imos danzar!

Recoñeces algunhas das melodías que entoamos?

A melodía 1 con piano é o tema principal da obra Danza Húngara nº 5 do compositor Johannes Brahms.  

Retrato a man do compositor

Johannes Brahms naceu en Hamburgo (Alemaña) no século XIX (1833), e é considerado o músico máis clásico do Romanticismo. Foi pianista e chegou a estrear el mesmo as súas composicións. Era moi perfeccionista e desbotou moitas das súas obras que se perderon. Compuxo obras para orquesta, grupos de cámara, coro e piano. 

As Danzas Húngaras son un conxunto de 21 pezas basadas en melodías tradicionais, aínda que algunhas son orixinais; nun principio compúxoas para piano a 4 mans, pero despois algunhas foron adaptadas para orquestra, por el mesmo ou polo compositor Dvorak ; lembrádesvos deste compositor que coñecimos na outra unidade?

En concreto, a Danza Húngara nº 5, é unha das máis coñecidas e interpretadas tanto na súa versión orquestral como de piano. É empregada en filmes, debuxos, animacións, etc. polo seu carácter áxil e contrastante entre os temas que presenta.

O que aquí interpretamos foi o 1º tema