Cantamos as notas estrañas!
Imos traballar con algún dos acordes tríadas para practicar as notas estrañas. Como o noso instrumento, a voz, é monódico (só podemos facer un son á vez), os acordes os interpretaremos en arpexio e así poderemos practicar a súa sonoridade.
Escoitamos os audios e despois seguimos as indicacións para ir descubrindo coa voz as distintas notas estrañas:
Acorde Perfecto Maior
Agora empregando este arpexio, imos introducir as distintas notas estrañas. Aquí vai un exemplo, e a partir de ahí tendes que ir probando coas outras notas que o conforman:
Nota de paso
Floreo
Acorde perfecto menor
Nota de paso
Agora segue investigando as posibles combinacións de notas para facer máis notas estrañas.