Saltar navegación

Quecendo motores!

Quecendo motores!

Antes de comezar a cantar, xa sabedes que temos que facer uns exercicios para preparar a nosa voz e que non sufra danos. Lembrade que os facemos de pé e en círculo para vernos uns os outros.

Comezamos con exercicios de relaxación e respiración! (están na Unidade 2).  Lembrade que todos estes exercicios teñen que axudarnos a comprender que a voz é impulsada cara arriba pola columna de aire, como unha pluma levada polo vento.

Unha vez feitos, pasamos aos exercicios de articulación e vocalización (se necesitades repasar ide á Unidade 3). Sobre todo, temos que ter clara as posicións da boca nas vogais: 

Neno coa boca aberta con frechas indicando a dirección da boca ao pronunciar as bocais a,e,i a, e, i                                      Nena coa boca aberta con frechas que indican a forma ao cantar o,u  o, u

Unha vez feitos, xa podemos comezar a cantar!