Saltar navegación

Notas estrañas

Notas estrañas

As notas estrañas son aquelas notas que non pertencen ao acorde. 

Por exemplo, fixádevos no fragmento co que traballamos os acordes.

Partitura voz e piano con acordes


No primeiro compás o acorde é o I grao, polo que as notas son Do, Mi e Sol. Como vedes na melodía, aparece un Re, que non pertence ao acorde; polo tanto, é unha nota estraña. 

Partitura marcando os acordes e a nota estraña do primeiro compás

Hai diferentes tipos de notas estrañas: 

- Nota de Paso: é unha nota estraña entre dúas notas reais por graos conxuntos. 

A mesma partitura coa nota de paso no primeiro compás


- Floreo: é unha nota estraña, igual que a nota de paso, pero as dúas notas que a rodean son a mesma.

Mesma partitura coa nota de paso e o flore no segundo compás
- Apoiatura: é unha nota estraña que se atopa na parte forte do compás ou pulso. 

Mesma partitura coa nota de paso, floreo e apoiatura no último compás