A análise
Ahora que xa coñecemos como se forman os acordes, imos seguir traballando con eles nas partituras. Se sabemos que acordes forman unha peza, podemos mellorar a nosa interpretación ao comprendela mellor.
Imos empregar un pequeno fragmento de voz e piano:

Os pasos a seguir son:
- Saber a tonalidade na que nos atopamos. Non temos ningunha alteración na armadura, polo que as posibles son DO M ou La m, pero como acaba e comeza en DO, sabemos que estamos en Do Maior.

- O seguinte que faremos é coller a escala de Do M e escribir todos os graos cos seus acordes, para ter claro como están formados.

- Unha vez que sabemos os graos dos acordes da escala na que nos atopamos, imos a partitura e fixámonos na parte do piano (que é onde están os acordes) e intentaremos ordenar as notas ata saber os graos.

Así xa temos analizados os acordes que conforman a partitura.