Saltar navegación

Traballa con Xiana

Poñémonos en marcha!

Despois de ver as diferentes opcións de itinerarios, tócanos tomar a decisión de cal escoller. Entre todos/as temos claro que queremos a viaxe máis barata e tamén a que nos leve antes. Imos recordar os datos que buscou Aldara:

Rutas en avión
CRIS&MATI. Rutas en avión (CC BY-NC-SA)

Podes cubir os datos na ficha e comprobar as respostas ou ben descargala en pdf editable premendo na palabra PDF.

Safari en globo.

Globo
Nicolae_Balt. Hot-air-balloon-ge832b7620 (Licencia Pixabay)

Agora que xa sabemos a nosa ruta podémonos centrar na viaxe e no que imos facer nela.

O Serengueti é un parque natural maravilloso onde poderemos atoparnos con animais no seu habitat natural, algúns un pouco perigosos. Como é tan grande hai que percorrelo en coche pero a nós ocorréusenos visitalo dunha maneira un pouco diferente. Contratamos unha viaxe en globo!

Os safaris en globo polo Serengueti saen ao amencer polo que hai que madrugar bastante (sobre as 4 da mañá saímos do hotel). Ao chegar déronnos unha charla sobre seguridade e uns pequenos consellos para facer a viaxe máis cómoda:

  • Recoméndase levar roupa e calzado cómodos, pois aterraremos no campo e tamén un chapeu ou unha gorra pois os  queimadores do globo desprenden bastante calor.
  • Non fai falla levar roupa de abrigo pois non se sube a tanta altura como para notar máis frío que en terra.
  • Os globos de pasaxeiros adoitan estar  divididos en compartimentos. O piloto dispón dun espazo para el e as botellas de gas propano. Os pasaxeiros distribúense en varios compartimentos onde dispoñen de espazo suficiente para gozar do voo con comodidade. No noso globo dentro de cada compartimento poden ir de 2 persoas.
  • O peso é un factor decisivo durante o voo polo que non podemos levar equipaxe nin nada que non sexa imprescindible. As nosas mochilas irán no vehículo de apoio en terra que nos irá seguindo en todo momento.
  • Pódese levar cámaras de fotos ou de vídeo.

Como sabedes, Aldara é unha apaixonada das matemáticas e aproveita calquera ocasión para facer cálculos. Durante o voo vímola apuntar no seu caderno sen parar. Preme enriba del e axúdalle cos cálculos.

Caderno
Loke_Artemis. Notebook-g58a21bb7b (Licencia Pixabay )