Saltar navegación

En que lugar nos atopamos?

Unha viaxe inesperada.

Hoxe, 15 de xuño é  o aniversario de Mauro e invitounos a todos/as a merendar  a casa dos seus avós , cos que el vive mentres os seus pais están traballando. Cando chegou o momento de abrir os agasallos sonou o timbre da porta, era o carteiro que lle traía unha postal moi especial. Era unha postal dos seus  pais!!!!!

Os pais de Mauro son zoólogos e pasan a maior parte do ano fóra da casa. Na postal dábanlle as felicidades ao seu fillo e invitávannos a todos/as a pasar un mes con eles no Serengueti. 

Quedamos todos sorprendidos pero Mauro estaba feliz, así que non podiamos rexeitar a invitación. Primeiro tiñamos que saber onde se atopaba o Serengueti porque ningún de nós tiña nin idea. 

Na postal atopamos unha pista, viña un cuño de correos coa referencia do lugar de onde a enviaran, así que comezamos por aí.

Sabana Kenia

jsudermann-10236835. kenya-g380fdd6d6 (Licencia Pixabay)

Postal

CRIS&MATI. Postal para Mauro (CC BY-NC-SA)

Aldara buscou nos seus libros de xeografía onde se atopaba ese lugar. Xiana decidiu encargarse de preparar a viaxe para o grupo . Mauro entusiasmado recolleu todos os seus libros de animais para reunir a máxima información posible sobre eles. E Antón estaba máis interesado na historia do lugar e os seus habitantes. Así que xa tiñamos repartido o traballo para iniciar esta nova aventura. E vós que , queredes acompañarnos?  

Veña, ímolo pasar xenial e aprenderemos moitísimas cousas, xa veredes.