Informámonos sobre a Sabana Africana
Puxémonos a indagar e descubrimos que o cuño pertencía a Tanzania que é un país da Sabana africana. Aldara buscou un pouco de información para saber a que lugar nos íamos dirixir, porque os pais de Mauro falaban do Serengueti. Despois de moito buscar e ler libros atopou toda esta información, preme na libreta e le con atención:
CRIS&MATI. Libreta de información (CC BY-NC-SA) |
Se queres darte un paseo virtual polo parque só tes que premer no mapa. Despois alí poderás escoller diferentes opcións de visita. |
Non me diredes que non apetece ir visitalo? Ímonos para alá, que creo que nos está a esperar unha guía que nos vai explicar moitísimas cousas do parque.