Aldara foi a primeira en sacar o mapamundi e buscar o lugar ao que nos dirixiamos. Estaría preto ou lonxe? En que medio de transporte teriamos que ir? Supoñiamos que o avión sería o máis rápido pero,… cara onde?
A chaira do Serengueti é tan inmensa que realmente hai dous países que o comparten: Tanzania e Quenia. Dependendo da época do ano na que viaxemos, será mellor ir a unha ou outra zona, para ver aos millóns de animais que alí viven (xa que dentro do parque realízase a Gran Migración, onde millóns de herbívoros viaxan cara ao norte en busca de pastos máis frescos).
Nós xa o tiñamos claro, iriamos a finais de xuño así que grazas aos coñecementos de Mauro sobre animais e aos mapas de Aldara, descubrimos que entre os meses de xuño e xullo os animais concéntranse na zona de Maswa e o río Grumeti en Tanzania. Agora só nos falta saber como chegar ata ese país africano desde Galicia.
A única maneira de chegar ao Parque Nacional do Serengueti é mediante coche ou autobús, xeralmente desde o aeroporto Internacional de Kilimanjaro. Aínda que é un pequeno aeroporto, conta con importantes conexións internacionais con Ámsterdam, Frankfurt ou Zúrich en Europa.
Aldara propúxonos 3 rutas diferentes para o voo desde Santiago de Compostela (o aeroporto que nos queda máis preto). Aquí podedes velas:
Nos mapas aparecen os nomes das cidades onde se atopan os aeroportos. Tocaravos a vós investigar a que país pertence cada unha delas.
Viaxe en avión.
Resolve os tres retos e completa o desafío escribindo o nome dos tres países onde podemos facer escala.
1
Neste momento teredes que investigar, navegando pola rede, para saber en que países podemos facer escala na nosa viaxe ao Serengueti.
O primeiro que teredes que facer é responder cada un dos retos. Unha vez o fagades, escribide no desafío o nome dos 3 países (separados por comas). Recordade usar maiúsculas e ver se levan acento gráfico ou non. Teredes que escribilos na orde en que aparecen nos retos.
Su navegador no es compatible con esta herramienta.
Investigamos un pouco máis.
Podes consultar a información que atoparás nos seguintes enlaces para aprender máis sobre estos países europeos. Despois tenta completar o texto da seguinte actividade.