Durante toda a viaxe Xiana nunca deixou gardado o seu caderno durante moito tempo. Cada pouco podiamos vela facendo anotacións nel sen saber moi ben que era o que escribía.
Agora proponvos xogar un pouco máis cos números desta viaxe. Recordades o seu caderno cheo de anotacións de prezos, tempos, distancias...?
Para saber se estades listos/as para superar o reto final, collede lapis e papel que imos poñernos a proba calculando un pouquiño.