Viaxando ao Romanticismo!
Recoñeces a melodía 6 que acabamos de traballar?
Trátase dun fragmento extraído da Sinfonía Fantástica, obra máis importante de Berlioz.
Héctor Berlioz naceu en Francia no século XIX (1803), e ademais de compoñer obras musicais, tamén escribía obras de teatro, libretos para óperas e nun xornal.
A Sinfonía Fantástica (Episodios da vida dun artista en 5 partes) é unha peza de música programática, é dicir, que describe e conta unha historia. Cada un dos movementos evoca unha parte da vida do compositor, sempre en busca da súa amada.
O fragmento que cantamos está extraído do segundo movemento, que se chama "Un bal", que significa Un baile, no que no medio dos xiros da danza volve a atopar a súa amada.
É un vals en 3/8, e despois dunha introdución misteriosa, axudado polo son das arpas, aparece o tema principal que foi o que estivemos practicando.