Comezamos!!!
Despois de repasado o traballado nos cursos anteriores, imos comezar a nova aventura.
Imos traballar cos intervalos... Lembrades o que é un intervalo?
Tamén coñeceremos o compás de 3/8 e o practicaremos nas lecturas rítmicas e tamén facendo algo divertido, como xogar coas mans ou os pés.
E como non, teremos unhas bonitas melodías para interpretar todos/as xuntos/as. Quizais algunha a coñezades!
Comezamos entón?