Alteracións Dobres. Enharmonía.
Para poder comprender as enharmonías necesitamos descubrir unhas alteracións novas.
As alteracións que coñecemos ata o momento son:
- o bemol
e o sostido
: que modifican a altura da nota nun semitón descendente ou ascendente, respectivamente.
- o becuadro
: que anula o efecto das dúas anteriores.
Hoxe imos descubrir o dobre bemol
e o dobre sostido
, que modifican a altura da nota 1 ton.
E preguntarédesvos? Existe o dobre becuadro ? Non, non é necesario. O becuadro, tal como o coñecemos, tamén anula as alteracións dobres.
Enharmonía
Unha vez que xa sabemos o que son as alteracións dobres, imos traballar coa enharmonía.
As notas enharmónicas son dúas notas que soan igual pero que se chaman diferente.
Nun teclado podemos observar mellor as enharmonías:

Cada unha das notas ten dúas notas enharmónicas, unha ascendente e outra descendente, ou dúas ascendentes ou dúas descendentes:
Pero hai unha excepción, que só ten unha: