Saltar navegación

Quecendo motores!

Quecendo motores! Relaxación e respiración!

Antes de comezar a cantar, temos que facer exercicios para preparar a nosa voz e que non sufra danos. Imos facelos de pé e en círculo para vernos uns a outros.

Comezamos con exercicios de relaxaxión: 

Nena con frechas enriba da cabeza e na barriga- frores mecidas polo vento: brazos caídos moi relaxados, pernas separadas e movemento moi lento do corpo cara os lados. 


- cabezas en movemento: círculos suaves cara un lado e despois cara o outro.  Neno coa cabeza de lado cunha frecha ao redor

Nena con liñas amosando movendo nos brazos e nas pernas- brazos soltos:  sacudimos as mans e imos subindo ata que o facemos con todo o brazo.

- bonecos de trapo: sacudimos brazos, pernas e cabeza para relaxar todo o corpo.  Neno agochado con liñas que indican o movemento do corpo


Unha vez feitos os exercicios, imos falar da respiración, unha das partes máis importantes para cantar.

A respiración que temos que empregar é a respiración diafragmática, centrada no diafragma. Non podemos empregar os ombreiros cando collemos o aire. Temos que recollelo no diafragma: este ten que incharse para saber que o facemos correctamente.

Para practicar este tipo de respiración, faremos os seguintes exercicios, repetindo as veces necesarias ata facelo ben: 

tombados no chan, pechamos os ollos, poñemos unha man no diafragma, e respiramos polo nariz, notando como se incha a barriga; soltamos o aire moi amodo, contando ata 5, pola boca.

Dpus debuxos: un coa barriga inchada e outra non sempre coas mans sobre ela

Neno sentado cun shhhh que lle sae da boca e a man na barriga- sentámonos nunha cadeira, coas costas rectas, e imitamos a unha serpe (shhhhh), collendo o aire polo nariz, notando como se incha a barriga, e soltando o aire moi amodo facendo o son. 




Agora, seguimos con exercicios de respiración, collendo o aire polo nariz e soltando amodo pola boca, pero con movemento: 

- recollendo frores: levantamos ambos brazos como se recolleramos un cesto de frores á vez que repiramos. 

- movendo a cabeza: a cabeza vai de lado a lado mentres respiramos. 

- movendo os brazos: xuntamos as mans diante do corpo e ímolas abrindo cara a fóra mentres respiramos.

Todos este exercicios teñen que axudarnos a comprender que a voz é impulsada cara arriba pola columna de aire, como unha pluma levada polo vento.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)