Inversión dos intervalos
O verbo invertir significa cambiar a orde ou dirección de algo polo contrario.
En música, invertir un intervalo significa cambiar a dirección do mesmo, se era ascendente convertelo en descendente e viceversa.
Cando invertimos un intervalo, o seu número e especie modifícanse, e seguen as seguintes pautas:
- a especie:
- o número: sumado o orixinal e o investido tennos que dar 9.
Imos analizar e invertir o intervalo do exemplo:
Cal é a finalidade da inversión dos intervalos?
Cando nos atopamos cun intervalo amplo, ao facer a súa inversión, vai resultar moito máis doado pescudar o seu número e a súa especie.
Que vos parece? É máis doado contar os tons e semitóns (para saber a especie) deste intervalo ou da súa inversión ?