Saltar navegación

Pentafonía

Tan só cinco notas

Número cinco
Brgfx (Freepik). Muchacho asiático que sostiene el número cinco (CC BY)

Como sabedes, o prefixo "penta" siginifica cinco; por iso o pentágono é unha figura xeométrica que ten cinco lados, ou algo máis relacionado coa música como o pentagrama que ten cinco liñas! Pois ben, unha vez feita esta aclaración ímonos centrar no tema que nos ocupa: a pentafonía.

Temos claro o do prefixo, non si? Sen dúbida ten algo que ver co número cinco pero... outra cousa é coñecer o significado desta palabra! Que quererá dicir? 

Dádelle unhas voltas antes de continuar coa seguinte actividade, onde atoparedes a resposta!

Descubrimos o significado

Pregunta

Que significa a palabra pentafonía?

Respostas

A pentafonía relaciona a música cos dedos das nosas mans, xa que temos cinco dedos para tocar os diferentes instrumentos, e polo tanto teñen que estar construídos tendo todo isto en conta de forma que tocalos sexa o máis cómodo posíbel.

A palabra pentafonía significa literalmente "cinco sons".

A pentafonía prodúcese nas cordas vocais cando forzamos moito a nosa voz, e sufrimos unha pequena inflamación que non nos permite falar de forma normal.

Ningunha das anteriores é correcta!

Retroalimentación