Saltar navegación

Chega o Entroido!

"Carnavalito"

Entroido
Stories (Freepik). Gente celebrando la ilustración del concepto de carnaval brasileño (CC BY)

Como non podía ser doutra maneira, nesta unidade didáctica continuamos viaxando! Pero se hai unha celebración que non entende de fronteiras, esa é sen dúbida O Entroido. Celébrase en tódalas partes do mundo, e cada unha fixo desta fermosa festa, co paso do tempo, a súa propia tradición popular. Neste caso centrarémonos no lugar propio da súa orixe, que poderedes coñecer xunto cun pouquiño de historia na seguinte epígrafe!

Tocamos "Carnavalito"

Duración:
00:30
Agrupamento:
Ilimitado
Orquestra
Stories (Freepik). Ilustración del concepto de orquesta (CC BY)

Nesta actividade aprenderemos a canción de Carnavalito Humahuaqueño na súa adaptación para orquestra escolar Orff. Para levalo a práctica precisaremos os senguintes instrumentos:

Dotación instrumental (Orquestra escolar Orff)

  • Frauta doce
  • Tubos sonoros
  • Xilófono alto
  • Xilófono baixo
  • Temple Blocks
  • Caixa chinesa
  • Maracas
  • Pandeiro

Trátase dunha adaptación da obra orixinal, polo que algúns fragmentos foron modificados para adaptalos ás posibilidades dos intrumentos escolares. Deseguido atoparedes a partitura (para descargar) xunto cun vídeo explicativo no que poderedes seguir en tempo real cada unha das voces que compoñen a canción!

Iván Suárez. Partitura Carnavalito (CC BY)

Se queredes practicar, podedes facelo empregando a seguinte pista de audio como referencia musical, e tamén podedes botarlle un ollo as diferentes posicións na dixitación das notas na frauta doce para refrescar a memoria!

Dixitación das notas na frauta doce
Posición notas frauta
Iván Suárez. Dixitación das notas na frauta doce (CC BY)

Tamen podedes ollar o seguinte vídeo coa demostración da partitura e o seu seguimento en tempo real:

Vídeo de seguimento da partitura de "Carnavalito"
Iván Suárez. Vídeo de seguimento da partitura de "Carnavalito" (CC BY)

Como podedes observar, a obra está composta para ser interpretada por dúas frautas, o que se coñece no ámbito musical como "tocar a dúo". Ademais, a súa estrutura vén determinada por tres seccións diferentes marcadas coas letras A-B-C na partitura. O certo é que a pesar de estar deseñada a dúas voces, se prestades atención nunca coinciden ambas ao mesmo tempo, polo que poderían ser interpretada por unha mesma persoa que tocara as dúas voces (frauta 1 e fraura 2) de non poder realizarse a canción a dúo.