Saltar navegación

7.- Avaliación da secuencia didáctica

Nesta secuencia didáctica aprenderemos:

    O signficado da conmemoración e por que eliximos esta semana.

    Valorar e respectar as normas e pautas que rixen a convivencia dun grupo.

    Identificar a organización territorial do Estado español e institucións fundamentais.

    Recoñecer os ideais, valores e partes da Constitución española de 1978.

    Recoñecer os ideais, valores e partes do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.

    Recoñecer a Constitución española como garantía dos dereitos e liberdades.

    Identificar os símbolos oficiais do Estado.

    Recoñecer o Estatuto de Autonomía como mostra da descentralización do Estado.

    Identificar os símbolos propios de Galicia.

En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ad hoc.

Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:

- No caderno de traballo:

Hai dous tipos de actividades:

a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;

Detalle do botón de informes
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Detalle do botón de informes (CC BY-NC-SA)

b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarán coa rúbrica do traballo grupal.

- Na proposta de traballo colaborativo:

A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:

Rúbrica para avaliar o traballo cooperativo
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Rúbrica para avaliar o traballo grupal (CC BY-NC-SA)

- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara dos elementos tratados na documentación e plantillas creadas.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia dos aspectos tidos en conta.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética das plantillas e documentos.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

  CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información dos aspectos tratados é axeitada.

99-90% da información dos aspectos tratados é axeitada.

89-80% da iinformación dos aspectos tratados é axeitada.

Menos do 80% da información dos aspectos tratados é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto da plantilla e documentos.

Non hai erros gramaticais na infografía e matriz DAFO e CAM creadas despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais na infografía e matriz DAFO e CAM creadas, aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais na infografía e matriz DAFO e CAM creadas, aínda despois da revisión por parte do mestre.

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Gráficos

Os gráficos da infografía final van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos da infografía final van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a infografía final parece ter excesivo texto e resulta pouco atractiva.

Os gráficos da infografía final non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningunha orde.

Atractivo

A infografía final coas normas de aula e clase é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A infografía final coas normas de aula e clase é atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A infografía final coas normas de aula e clase é relativamente atractiva aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos.

A infografía final coas normas de aula e clase está bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

- A actividade de ampliación e motivación (xogo de preguntas e respostas tipo quiz con dúas opcións de resposta: decidir se ese dereito ou norma ven recollido na Constitución ou no Estatuto de Autonomía de Galicia)

Avalíase de forma inmediata pois o xogo é de tipo individual ou grupal e remata cando o alumnado ou grupo acerta as 25 cuestións formuladas. A pregunta sempre é a mesma: "E que norma ven recollido ese dereito ou competencia?" e das dúas opcións de resposta só unha é a correcta.  No caso de erro sae unha pantalla co feedback negativo a aplicación volve a formularlle a mesma pregunta ata que acerte. No caso de acerto amósase a seguinte pregunta. Non se sancionan os erros pois a actividade ten un caracter máis de motivación e repaso que de avaliación en sí mesma.

Posibilidade de ampliación:

  • Incluir máis preguntas non só sobre dereitos, deberes, competencias ou símbolos oficiais senón que poderíamos abordar outros aspectos como institucións, aspectos lexislativos... Para primaria non sería axeitado pero sí para niveis da ESO.
  • Incluir un feedbak negativo e positivo propio de cada pregunta explicando en que artigo ven recollido ese dereito.
  • En caso de erro voltar ao inicio. É moi sinxelo de implementar.
  • Se algún docente o desexa podo compartir con el/ela a plantilla de Genially. Escollín unha das gratuitas pero lembrade que para poder descargala deberedes ter unha conta premium.

Ao rematar satisfactoriamente o xogo aparecerá unha pantalla dando os parabéns. Gañará, polo tanto, o alumno ou grupo que poida amosar antes esta pantalla:

Captura final do xogo "Constitucion vs Estatuto"
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Captura final do xogo "Constitucion vs Estatuto"  (CC BY) feito coa plantilla "Quiz Sketch Animado" de Genially dende unha conta EDU-PRO.