Saltar navegación

4.- Webquest: "As normas da nosa clase e colexio"

Webquest "O decálogo da convivencia no noso centro"

Introdución

A Constitución e as leis que a desenvolven supoñen a norma suprema de convivencia que nos axudan a acadar unha sociedade mellor. Como cidadáns e cidadás, debemos respectar estas normas, coñecer os nosos dereitos e cumprir cos nosos deberes. O ámbito de actuación é todo o territorio do Estado español.

A realidad social, en constante proceso de cambio, esixe ao sistema educativo
un continuo esforzo de adaptación e actualización das respostas educativas
frente ás demandas e necesidades da poboación.

Os centros educativos como comunidades de convivencia, deberán fomentar unha cultura de paz, na que participen todos os seus membros e poidan desenvolverse nun clima positivo de confianza. Para acadar este obxectivo deben fomentar os valores democráticos, a solidaridade, a tolerancia, o respecto mutuo, o compromiso, a interculturalidade e os dereitos humanos. Como centros de aprendizaxe, o seu fin é desenvolver a formación integral do ser humano, fomentando aprendizaxes socialmente valiosas que permitan ao alumnado progresar e integrarse con eficacia no futuro, na vida adulta e activa.

Os obxectivos que perseguimos son:

- Elaborar unha análise das Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que o noso centro presenta.
- Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa.
- Desenvolver a capacidade de busca de información e investigación do alumnado.
- Elaborar un decálogo con normas de convivencia na aula e no centro que servirán de base para elaborar ou actualizar o Plan de convivencia do centro.

En definitiva: Trátase dunha proposta na que o alumnado desenvolverá estratexias como o pensamento crítico, reflexión sobre o seu comportamento como membro dun grupo de convivencia, o traballo cooperativo, a resolución de problemas, a planificación de tarefas, o coñecemento de diferentes recursos e fontes de información...

Tarefa

En equipos de catro membros teremos que seleccionar dez medidas que todos deberemos ter en conta para mellorar a convivencia na nosa aula e outras dez para todo o centro.

Estos son os documentos que deberán crear:

 - Unha análise DAFO coas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades tras realizar un debate en grupo sobre a covivencia na aula e no patio de recreo.

- Os catro ámbitos anteriores serán redactados de novo nun documento CAME no cal corrixamos as debilidades internas, afrontemos as ameazas externas, manteñamos as fortalezas do propio centro e explotemos as oportunidades que o ambiente nos ofrece.

- Seleccionaremos dez de estos elementos redactados que serán a nosa proposta como decálogo da conviencia na aula ou no centro.

- Coa proposta do grupo elaborarán unha infografía con algunha ferramenta informática.

Traballo previo:

- Os grupos serán formado polo docente segundo o criterio que decida: proximidade, afinidade, ao chou...

- A cada grupo asignaráselle un ámbito de actuación: ou a aula ou o propio centro (patio de recreo).

- Os roles de cada grupo serán explicados polo docente pero serán eles quen o elixan segundo os seus gustos. No caso de non chegar a acordo farase por sorteo.

Proceso


Cada "equipo" estará formada por catro membros que se repartirán estos roles:

-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Levará a voz cantante na redacción dos documentos de análise DAFO e CAME. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de "darlle forma" e coherencia aos documentos de recollida de datos e á infografía co decálogo de normas de clase ou patio.

Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elaborar a documentación axeitada para a análise de datos e infografía final.

Como fase final é importante consensuar estas infografías entre os distintos grupos para unificar criterios e incluso mínimamente a estética.

Recursos

Icona da web

Para recabar información sobre o decálogo de normas de convivencia:

Plantilla para sistematizar as análises dos aspectos observados:

Propostas para darlle formato á infografía final de aula ou de centro:

Avaliación

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Proceso de recollida de datos da observación directa da realidade de aula e do centro educativo.
  •   Fluidez no momento de plasmar as observacións nas matrices DAFO e CAME.
  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara dos elementos tratados na documentación e infografías creadas.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia dos aspectos tidos en conta.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética das infografías creadas e carteis.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

 

 

CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información dos aspectos tratados é axeitada.

99-90% da información dos aspectos tratados é axeitada.

89-80% da información dos aspectos tratados é axeitada.

Menos do 80% da información dos aspectos tratados é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto da plantilla e documentos.

Non hai erros gramaticais na infografía e matriz DAFO e CAME creadas despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais na infografía e matriz DAFO e CAME creadas, aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais na infografía e matriz DAFO e CAME creadas, aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Gráficos

Os gráficos da infografía final van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos da infografía final van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a infografía final parece ter excesivo texto e resulta pouco atractiva.

Os gráficos da infografía final non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

A infografía final sobre normas de aula e clase é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A infografía final sobre normas de aula e clase é atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A infografía final sobre normas de aula e clase é relativamente atractiva aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos.

A infografía final sobre normas de aula e clase está bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

 

Conclusións

  • É moi importante uniformizar a recollida de datos para poder plasmar o observado nunha matriz DAFO e CAME.
  • A elaboración de accións de mellora é posible sempre e cando convirtamos as deblidades, amezas, fortalezas e oportunidades dun centro educativo en corrixir esas debilidades, afrontar esas ameazas, manter as fortalezas e explotar as oportunidades.
  • Fundamental respectar a opinión dos demáis membros dun grupo así como as opinións dos demáis grupos en debates conxuntos.
  • Os aspectos formais tamén temos que coidalos: logos, paleta de cores, cartelería, etiquetas, tipografías, tamaños de letra, pes de foto...
  • Nos materiais escolares podemos acollernos ao dereito de cita con determinadas condicións pero temos que citar en todo momento eses fragmentos, a autoría da multimedia e os dereitos de uso.
  • O DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) propón que usemos unha boa variedade de canles para presentar os contidos, polo cal sería interesante que a nosa infografía incluise un código QR con audios describindo as distintas normas do decálogo, por exemplo.

Información para o profesorado: