Saltar navegación

5.- Actividades de ampliación e motivación

Obxectivos

Con este sinxelo xogo tipo Quiz perseguimos os seguintes obxectivos:

De que falamos: da Constitución Española ou do Estatuto de autonomía de Galicia?

Xogo de preguntas e respostas para individualmente ou en grupos comprobar canto sabedes sobre os dereitos e deberes que recolle a Constitución Española de 1978 e cales o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.

O obxectivo de esta actividade é -ademáis de servir como elemento motivador- que o alumnado repase a teoría recollida no caderno de traballo de esta secuencia didáctica ou no caso de non atopar a resposta investiguen usando os buscadores de internet ou a APP do Congreso onde podemos navegar polos distintos artigos da Constitución e do Estatuto de Autonomía.

A Constitución Española de 1978:

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981:

Buscadores que recomendamos para buscar a información:

  • Google.
  • DuckDuckGo (ten como ventaxa unha maior privacidade pois evita que se garden cookies).
  • Ecosia (en teoría os beneficios de este buscador destínanse a plantar árbores).

Tamén podedes empregar a enciclopedia libre e colaborativa Wikipedia nas diferentes linguas:

Xosé Antón Vicente Rodríguez. "Constitución vs Estatuto" realizado con Genially (Conta EDU-PRO) coa plantilla "Quiz Sketch Animado".

Nota para os docentes