3.- "Creamos un partido e o noso programa electoral" (proposta de traballo colaborativo)
Obxectivos
Coa realización de esta actividade colaborativa perseguimos os seguintes obxectivos:
- Organizar ideas e priorizalas.
. Sede dun partido político ficticio (CC BY) - Respectar outras formas de pensamento.
- Fomentar un debate tolerante entre grupos afíns e non afíns.
- Expresar públicamente pensamentos e opinións.
- Deseñar un cartel ou infografía de xeito atractivo e organizado.
- Realizar propostas orixinais sobre un tema dado.
- Valorar a democracia como o mellor xeito de convivencia nos pobos.
Creamos un partido político escolar
Os partidos políticos, en contra do que puidésemos pensar, teñen unha recente vinculación coa democracia. Nos seus inicios, a democracia moderna tivo as súas primeiras experiencias sen a presenza de partidos tal e como hoxe os coñecemos. Non obstante, unha vez que os partidos xurdiron e se consolidaron, adquiriron unha vinculación íntima coa democracia representativa, de tal xeito que hoxe non se concibe ésta sen a existencia e a actuación dos partidos políticos.
En grupos de catro tedes que crear un partido político de ámbito escolar.
Pasos a realizar:
- Decidir un nome para ese partido escolar. Tamén deseñar un logo e un estilo que o diferencie dos demáis partidos.
- O ideario: que intereses ides defender?
- Un programa electoral no que redactedes un mínimo de dez medidas que vos comprometedes a levar a cabo no caso de resultar elexidos.
- Un discurso que acompañará ao cartel do programa eleitoral no momento da súa presentación. Debedes decidir quen realizará o discurso.
- Estudar os programas eleitorais dos demáis partidos e elexir quen participará no debate defendendo o programa propio e indagando polos aspectos dubidosos dos outros programas.
- Por último realizarase a votación para o cal precisaremos unha mesa eleitoral formada por tres alumnos/as elexidos por sorteo actuando un deles como presidente de mesa. Repartiremos papeletas a cada alumno/a de clase de todos os partidos creados menos do propio (para evitar que todos voten por sí mesmos). Votaremos en furna e a mesa eleitoral logo de facer o escrutinio proclamará ao partido elexido.
O traballo realizarase de xeito colaborativo pois non haberá un reparto de roles definido. Sen embargo deberán elexir por consenso quen será o encargado ou encargada de presentar o programa e quen o encargado de participar no debate cos demáis partidos escolares.
Ferramentas suxeridas:
Para darlle forma ao programa electoral podedes utilizar: Writer ou Impress de LibreOffice.
Tamén algunha ferramenta online como Canva, Venngage, Piktochart, Infogram, Genial.ly, Visme, Easel.ly.
Editores online gratuitos para crear logos
A estética e o deseño do noso logo e cartelería é importante para crear unha marca recoñecible. Hoxe en día temos numerosas ferramentas informáticas gratuitas para crear logos e carteis de xeito gratuito e sen ter que descargar ningún programa ou app.
Nota para os docentes
Rúbrica para avaliar as tarefas de realización grupal:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0