Saltar navegación

A proba de Antón

Experimenta con Antón

Densidade
Graphics RF. cnjd_4hrc_210204_ss4mp_generated
(CC BY)

Acompaña a Antón ao seu laboratorio. Imos facer un experimento sobre a densidade. O primeiro que debemos facer é lembrar os pasos do método científico e así realizaremos un bo traballo.

Guía Método Científico

Guía Método Científico Pictogramas

Remataron as clases da mañá e os nosos amigos/as reúnense no comedor como tódolos días. Hoxe o menú inclúe: ensalada mixta, polo ao forno e de sobremesa queixo con mel e noces. Cada un colleu o seu menú e dirixíase a sentarse cando boom!!! Antón tropeza con outro compañeiro e cáelle o vaso de auga no prato da ensalada.

Despois do susto Antón quédase moi pensativo vendo que no fondo do prato aparece un líquido transparente e outro amarelo que non se mesturan. Ao sentarse na mesa, co seu garfo remexeunos para mesturalos pero non había forma.

Como non demos cunha explicación Antón  propúxonos ir ao laboratorio a realizar algúns experimentos que nos axudaran a comprender por que sucedía isto.

Primeiro tiñamos que buscar os materias que necesitabamos para levar a cabo a nosa experimentación, como por exemplo:

  • Recipientes transparentes
  • Auga
  • Colorantes ou témperas de cores
  • Azucre
  • Culler
  • Xiringa
  • Libreta de anotacións

Neste segundo paso do método científico despois de observar as diferentes situacións imos formular unha serie de preguntas que guiarán a nosa investigación:

  • Por que o aceite e a auga non se mesturan?
  • Que lle sucede a auga ao engadir azucre?

Agora tócavos traballar un pouco en grupo. Con toda a información que tedes do traballo de Antón tentade facer unha hipótese sobre o que vai suceder no experimento.

Mira o vídeo coa experimentación e unha vez remates de ver o vídeo completa a ficha cos datos que faltan. Se necesitas axuda podes repasar o libro do método científico, e a información de Antón.

CRIS&MATI. Experimento Antón (CC BY-NC-SA)

Preme AQUÍ para descargar o PDF editable.

Preme AQUÍ para descargar o PDF editable pictogramas.

ficha
CRIS&MATI. Ficha método científico (CC BY-NC-SA)

Axuda

1

Se precisas unha explicación do experimento, pídelle o código ao teu mestre/a que atopará na guía didáctica.

Do mesmo xeito que un obxecto sólido pode ter maior densidade que outro (por exemplo o ferro é máis denso que a palla) os líquidos tamén teñen diferentes densidades. Un líquido lixeiro (menos denso) flotará enriba doutro máis pesado (máis denso). Cando engadimos azucre á auga cambiamos a súa densidade. Canto máis azucre botemos máis densa será a mestura que obtemos.

 Como resultado final do experimento obtemos una serie de bandas de auga tinguida no vaso (amarelo,azul e vermello). Cada mestura forma unha capa porque é menos densa que a capa de líquido inferior e máis que a superior.

%E9%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C6%FB%FF%F7%B0%A8%A4%A2%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%A6%A0%A1%A3%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%DB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C0%F7%E6%E0%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%B0%A8%B0%A1%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%D7%E0%E0%FD%E0%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%FB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%BC%B2%D3%E4%FB%E1%F3%B2%F3%FD%B2%E6%F7%E7%B2%FF%F7%E1%E6%E0%F7%BD%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%DD%F9%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E2%E6%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%FBa%FC%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F7%F7%F6%F0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%C0%F7%E6%E0%FD%F3%FE%FB%FF%F7%FC%E6%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E3%E7%FB%E0%F7%F6%D3%F1%F1%F7%E1%E1%D9%F7%EB%B0%A8%B0%5B%B2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%C1%FA%FD%E5%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%DF%FD%E1%E6%E0%F3%E0%B2%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%EF%EF
Su navegador no es compatible con esta herramienta.