Saltar navegación

A proba de Aldara

Experimenta con Aldara

aldara
Graphics RF. 66ob_estm_201214_ss4mp_generated (CC BY)

Acompaña a Aldara ao seu laboratorio imos facer un experimento sobre a gravidade. O primeiro que debemos facer e lembrar os pasos do método científico así realizaremos un bo traballo.

Guía Método Científico

Guía Método Científico Pictogramas

 Un día de outono no patio do colexio atopámonos co chan cheo de follas das árbores, e aló nos fomos a xogar con elas lanzándoas ao aire. Por moi alto que as tirabamos, tanto grandes como pequenas, acababan outra vez no chan. 

Os compañeiros/as de 5º estaban xogando ao baloncesto e observamos que a pelota por moi forte ou alto que a tirasen volvía caer ao chan. Noutro grupo que xogaban co disco voador de goma ocorríalle o mesmo, por moi forte ou lonxe que o tiraran, volvía caer ao chan.

 Como levar a cabo o experimento no patio era moi complicado decidimos ir ao laboratorio con Aldara, e como un bo científico/a buscamos outra maneira máis sinxela de observar estes fenómenos simplificándoos para poder controlar todas as variables.

Para levar a cabo o experimento no laboratorio necesitabamos algúns materiais, como por exemplo:

  • Dous botes iguais de plástico transparente.
  • Obxectos de diferentes materiais e tamaños.
  • Libreta de anotacións.

 Neste segundo paso do método científico despois de observar as diferentes situacións imos a formular unha serie de preguntas que guiarán a nosa investigación:

  • Que ocorre para que tódolos obxectos acaben caendo ao chan?
  • Tódolos obxectos independentemente do seu peso, tamaño ou material caen igual?
  • Cal é a causa que provoca estes feitos?

Agora tócavos traballar un pouco en grupo. Con toda a información que tedes do traballo de Aldara tentade facer unha hipótese sobre o que vai suceder no experimento.

 Mira o vídeo coa experimentación que levamos a cabo no laboratorio. Unha vez remates de ver o vídeo completa a ficha do método científico cos datos que faltan. Se necesitas axuda podes repasar o libro do método científico, e a información que Aldara che dá sobre a Lei de Gravidade de ISAAC NEWTON.

CRIS&MATI. Experimento Aldara (CC BY-NC-SA)

Preme AQUÍ para acceder ao PDF editable.

Preme  AQUÍ  para acceder ao PDF editable pictogramas.Ficha método científico

CRIS&MATI. Ficha método científico (CC BY-NC-SA)

 

Axuda

1

Se precisas unha explicación do experimento, pídelle o código ao teu mestre/a que atopará na guía didáctica.

Este experimento explícase grazas a Lei da Gravidade Universal de Isaac Newton.

Segundo esta lei nos explica porque a Terra atrae a tódolos corpos cara o seu centro cunha gran forza cun movemento vertical e cara abaixo chamado gravidade. Newton determinou que ademais aceleran (collen maior velocidade) a medida que son atraídos cara o centro da Terra e isto fano coa mesma velocidade de  9,8 m/s (cada segundo que pasa aceleran a súa velocidade en 9,8 m/s) Isto ocórrelle a tódolos corpos: plumas, pelotas, papeis,... independente da súa masa (non confundir masa con peso) ou forma.

A lóxica lévanos a pensar que se deixamos caer desde un avión un automóbil e unha pelota de golf o primeiro en chegar a terra debería ser o automóbil pero iso é incorrecto. Ambos son acelerados de la mesma forma e caen á mesma velocidade.

O que sucede é que algo está interferindo no experimento, o aire. Na Terra temos unha atmosfera que nos protexe e que vai freando os obxectos na súa caída. Se cambiamos o experimento para que ese rozamento non inflúa (metendo a pluma dentro do bote, facendo unha pelota coa folla de papel,…) ambos obxectos caen á vez.

%E9%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C6%FB%FF%F7%B0%A8%A4%A2%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%AA%A1%A6%A4%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%DB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C0%F7%E6%E0%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%B0%A8%B0%A1%B0%BE%B0%F1%F3%FC%F6%F3%F6%FD%D7%E0%E0%FD%E0%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%FB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%BC%B2%D3%E4%FB%E1%F3%B2%F3%FD%B2%E6%F7%E7%B2%FF%F7%E1%E6%E0%F7%BD%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%DD%F9%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E2%E6%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%FB%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%FBa%FC%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F7%F7%F6%F0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%C0%F7%E6%E0%FD%F3%FE%FB%FF%F7%FC%E6%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F1%F3%B2%F7%FE%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E3%E7%FB%E0%F7%F6%D3%F1%F1%F7%E1%E1%D9%F7%EB%B0%A8%B0%5B%B2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%F7%E1%FD%B3%B2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%C1%FA%FD%E5%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%DF%FD%E1%E6%E0%F3%E0%B2%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%EF%EF
Su navegador no es compatible con esta herramienta.